
Escribirei algún artigo en Galego, coma non, Galicia é bilingüe así que vou facer uso dos meus dereitos, según me pete, e cando me pete, sen imposicións.
A nova lei do aborto aprobada recentemente fai que unha vez máis as políticas socialistas fomenten a falta de apoios e de prevención da saúde ás mulleres.
Non se contempla na nova lei, a prevención dos embarazos non desexados e das enfermidades de transmisión sexual, o fomento da natalidade, a protección ás mulleres sen recursos que queiran seguir adiante co seu embarazo. Sen información das posibilidades para as mulleres en dificultades, das opcións de adopción, acollemento, recursos existentes de estancia e de apoio no emprego e outras formas de non chegar a esa situación límite.
Continuamos co único recurso existente que é o aborto, sen alternativas, sen explicacións claras dos terribles efecto psicolóxicos que eso conleva. Agora temos a lei do libre albedrío, que fomenta a falta de métodos anticonceptivos seguros e fiables sobre todo nos menores, o que producirá un notable incremento do risco biolóxico (VIH, virus do papiloma,...)propio das relacións sexuais sen protección.
A Xunta de Galicia presentou no pasado mes de Xunio o anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia, entreoutras accións permitirá ás mulleres inscribirse coma unidade familiar dende o momento do embarazo, sen ter que esperar o nacemento do seu fillo, o que lle permitirá poder optar a axudas. Tamén articulará medidas para fomentar que os embarazos cheguen a término, tanto de apoio ás xestantes como de casas de acollida e adopción. Estas medidas do goberno galego son un impulso de saúde, dignidade á muller e protección biopsicosocial.
O máis sorprendente é a crítica de determinados colectivos profeministas, que a súa labor é a loita constante contra un partido político baixo as siglas de "Igualdade". "O que resiste gaña", dixo un día Camilo José Cela.
Desde luego es vergonzoso que nuestras hijas necesiten autorización hasta los 18 años para irse de excursión y en cambio puedan abortar con 16. Así va este pais.
ResponderEliminar