27 de octubre de 2010

¿GASTO OU INVERSIÓN CO PAPA NO XACOBEO?

Este ano 2010, o 25 de xullo (festividade do Apostol Santiago) coincidiu en domingo, de ahí a celebración do Xacobeo. Este ano os católicos podemos consegui-la bula xubilar o xubileo, conquerindo a indulxencia plenaria para o perdón da pena que merecen os nosos pecados. Cuestión de fé.

O Ano Santo Xacobeo impulsa a participación del tódolos sectores públicos e privados en proxectos relacionados ca celebración. A trascendencia nacional e internacional poñen de manifiesto os recoñecementos adquiridos co Camino de Santiago dende que Calixto II o establecera en 1.126. As menciones do Consello de Europa de Gran Itinerario Cultural Europeo, a declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO e o Premio Príncipe de Asturias.

A movilización é espiritual, artística, cultural e deportiva, as actuaciones en investigación así coma as iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ó visitante, abarca numerosas CCAA que forman parte do Consello Xacobeo. Nin que decir da repercusión mediática cara o exterior, mostrando as maravillas no presente e cara o futuro da nosa terra. ¡Canta riqueza!

Calcúlase a visita de 200.000 persoas, 600 profesionais de diferentes medios, 1.000 periodistas, 201.600 persoas. O gasto é de 3.000.000€, aunque fai uns días o presidente da Xunta afirmaba que reduciría 1.000.000€, deixémola cifra inicial. Seguimos gañando.

Cada visitante terá que gastar 14,88€ para que os galegos recuperémola inversión, ¿parécelles moito?. Os que acudan terán que coller un avión, un tren, o coche, un autobús que lles acerque á terra compostelana. É unha inversión para toda Galicia, teremos que comer, algúns durmir, outros irán a un concerto, a tomar un café...., algúns aproveitarán para coñece-la zona, catro provincias cheas de encanto onde recibiremos a tódol-os/as que queiran sumarse a nosa celebración.

Eses tan críticos ¿por qué non fan números?, todos/as sabémola resposta, comenzou a campaña. O secretario xeral da Conferencia Episcopal declarou que a visita é un negocio espiritual e económico. E así é, facendo as contas, estimando un gasto medio polo baixo de 50€ persoa. Galicia recibiría 10.080.000€ descontando os 3.000.000€ de inversión. Ganamos 7.080.000€.

A conclusión é clara: inversión.