21 de julio de 2010

Outra de Dictadura de Abel Caballero


Lembro antes da miña andadura como Concelleira á expresidenta veciñal, Elena González reclamandolle a entonces Alcaldesa, Corina Porro un Plan parroquias, entreoutras reivindicacións veciñais, non sempre do gusto, supoño, da Alcaldesa. Estas peticións saían na prensa mostrando sempre unha loita encarnizada por aquelo no que creían. Lembro a insistencia sen tregua, a crítica nos medios de comunicación, manifestacións e a sua loita a ultranza dos seus fins. A ex alcaldesa pactaba con eles e chegou no seu goberno a elaborar e poner en marcha ese Plan e outras iniciativas, dentro do diálogo social, a escoita os cidadáns e a templanza do bó gobernante.

Dende o pasado mes de Xuño cambiou de dirección a Federación Veciñal de Vigo. Sorpréndeme de xeito ingrato a nova postura do Alcalde de Vigo ante a nova Federación Veciñal bipartita, e digo bipartita porque os seus integrantes son afiliados políticos do PSG e do BNG, e incluso un secretario que se define coma marxista leninista. Na anterior directiva veciñal non me consta ningunha afiliación.

E digo ben sorpréndeme xa que en tres anos de goberno de Abel Caballero-Santiago Domínguez, ninguneou á organización apolítica, eliminou as subvencións, negouse a recibilos, lles pechou un local (dicía que polo mal estado), non lles permitiu a intervención no Pleno, e supoño que outras fechorías que se me escapan, eles saben ben...

De súpeto, a actitude do Alcalde cambiou co xiro na directiva. Os recibe, desbloquea as subvencións, aparece nos medios de comunicación con eles. ¿Onde está a democracia?¿Onde quedan os obxetivos veciñais?. Non é unha crítica a nova Federación, que veremos a súa andadura, senón á postura Hitleriana dun Alcalde que ten a obriga de representar a tod@s e non só escoitar o que lle gosta, e os da súa corriente, senón aprender tamén da crítica e valorar que existen outras opcións no traballo e outros xeitos de velas cousas, os que gobernan tamén erran e as veces só ven unha parte da realidade. Vese que este Alcalde só atende os da súa corda e para mostra este botón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario